Recursos educativos abertos


 Ola  terrícolas!

Nesta entrada imos comentar os mellores recursos educativos abertos que atopamos buscando por Internet. Estes recursos son perfectos para fomentar a aprendizaxe e ampliar o noso coñecemento e o dos nosos alumnos sobre o Sistema Solar, aprendendo dunha forma máis práctica, didáctica e visual. 

En primeiro lugar, eliximos unha serie de recursos enfocados cara á explicación teórica sobre o que é o Sistema Solar, axudado dunha serie de debuxos ou animacións. Estes recursos son Solar  System  Scope, un simulador do espazo interactivo onde, non só podes exploralo, senón que tamén aparece información relevante acerca de cada planeta; varios vídeos de  youtube explicativos e educa-ciencia, unha páxina web con información teórica sobre o espazo. 

Por outra banda, tamén eliximos varias páxinas Web que conteñen xogos sobre o Sistema Solar ou, que mesmo, permíteche crear os teus propios xogos, como é o caso de  educaplay. Estas páxinas son  liveworksheets, que conta con multitude de fichas interactivas para poñer en práctica os teus coñecementos; ESA  Kids, que mestura información teórica con  minixogos prácticos; e unha páxina propia da NASA, NASA  Space  Place, onde se mestura información de todo tipo sobre a Terra e o espazo con  minixogos interactivos. Tamén, un pouco á marxe do sistema solar, engadimos algunha páxina web con  minixogos educativos varios sobre diversas temáticas para non facernos demasiado repetitivas e poder variar un pouco, estas son  Academics e  Smile  and  Learn.

Cremos que estas ferramentas que atopamos son moi útiles para que aprendades todo o que  necesitades saber sobre o Sistema Solar dunha forma moi amena, sinxela e divertida. Estes recursos fan que esperte o interese sobre a materia e motiva a estudar, ademais de que axuda a lembrar, aprender, aplicar e mesmo avaliar os contidos que ides adquirindo. Todos estes recursos están recollidos no noso Symbaloo.


Comentarios