Bos días terrícolas!
Outro dos recursos educativos que empregamos para realizar actividades interactivas é Quizizz. Esta ferramenta permítenos crear actividades destinadas a calquera idade ou a calquera curso educativo. Ademais, podes deseñar actividades sobre a temática que desexes, pois vai destinado a todas as materias e tópicos que se estudan na Educación Primaria. Neste caso, a actividade que realizamos vai destinada ao alumnado de 3º de Primaria e á materia de Ciencias Sociais, coa temática do Sistema Solar. Nesta actividade atoparédesvos con 14 preguntas expostas de diferente forma cada unha, teredes que seleccionar a opción correcta, deberedes marcar a imaxe correcta, outras preguntas consistirán en que respondades vós libremente, etc. Todas as preguntas irán acompañadas dunha imaxe ou un gif e, por se fose pouco, unha vez que pasedes dunha pregunta a outra, aparécevos un meme! As preguntas teñen unha durabilidade de 30 ou 45 segundos para respondelas, van acompañadas de música, que podedes desactivar cando queirades e tamén podedes activar a opción de que o propio xogo vos lea as preguntas en voz alta. Se ides acertando as preguntas, podedes conseguir poderes que vos permiten, por exemplo: conxelar o tempo, ser inmune a unha pregunta, entre outros. Ao finalizar o xogo, danvos a opción de volver responder unha pregunta que anteriormente fallastes. Por último, antes ou despois de xogar, podedes ver unhas fichas interactivas coas preguntas e as súas respostas correctas na opción “Fichas de estudo” e tamén podedes desafiar aos vosos amigos.
O obxectivo desta actividade é que aprendades o máximo sobre o Sistema Solar dunha maneira moi divertida, entretida e sinxela. Anímovos a todos e a todas a xogar. Vaivos encantar!
Comentarios
Publicar un comentario