Symbaloo


Bos días  terrícolas!

Hoxe imos falar sobre a plataforma  Symbaloo e as vantaxes e inconvenientes que presenta.  Symbaloo é unha plataforma que serve para almacenar de forma ordenada as ligazóns das páxinas web que desexes. Parécenos unha ferramenta moi útil xa que, como sabedes, somos tres marcianas as que traballamos en conxunto, e isto axúdanos a ter a man das tres as ligazóns que nos poden ser de interese. Ademais, permítenos ordenar todo por cartafoles ou marcadores, o que fai que se vexa máis ordenado e visible que os propios marcadores do buscador.

É certo que nesta plataforma tárdase máis tempo en colocar as ligazóns, xa que co buscador simplemente temos que marcar a páxina. Aínda así, co propósito co que nós a utilizamos, acabámoslle sacando un bo partido, xa que aforramos máis tempo colocando aí os recursos que queiramos gardar que compartindo as ligazóns de todos entre nós.

Para concluír, queremos dicir que é a primeira vez que nós utilizamos unha ferramenta deste estilo, pero sabemos da existencia doutras plataformas similares como poden ser  Netvibes ou  Pearltrees.


Comentarios