Actividade STEAM

 




¡Ola terrícolas!


Hoxe traémosvos unha actividade que vos vai encantar!

Antes de explicar a actividade queremos que saibades que para poder levala a cabo vades ter dispoñibles os seguintes materiais fundamentais:

1- Un robot chamado blue-bot. 

2- Dous dados que en 9 das caras poñerán o nome dos planetas e do Sol e nas outras 3 teredes tres opcións de xogo: unha daravos a opción de volver a tirar, na outra teredes a oportunidade de elexir a que planeta vos queredes dirixir e a última é de saltar a quenda. 

3- Unha plantilla, que se poñerá no chan, con imaxes de todos os planetas e do Sol. 


A actividade é moi sinxela pero á vez moi divertida. Consistirá en que, por grupos de aproximadamente 4 persoas, lanzedes os dous dados ao aire e, dependendo das opcións que vos toquen, tendes que levar a cabo esas ordes. No caso de que vos saian dous nomes de planetas ou do Sol, debedes situar ao robot na casilla de “saída” e dirixilo cara as imaxes correspondentes dos planetas que vos mandasen as ordes dos dados. Por exemplo, se nun dado vos sae o nome de Xúpiter e no outro vos sae Marte, colocades o robot na saída e, mediante os botóns que ten, debedes mandarlle que vaia primeiro á imaxe de Xúpiter e logo que vaia cara a imaxe de Marte.  

Animámosvos a probar esta experiencia para pasar un bo momento. É moi divertida!


Enlace ao vídeo de YouTube sobre esta actividade: Proyecto STEAM - YouTube

Comentarios