A importancia de planificarse


Boas terrícolas! Hoxe ímosvos a comentar a importancia que cremos que ten unha boa planificación á hora de deseñar as nosas tarefas ou de levalas a cabo. Para iso basearémonos na nosa experiencia con edCrumble e outras ferramentas dixitais destinadas á planificación educativa. EdCrumble, entre outras, é ideal para establecer tarefas en determinadas franxas horarias, o que nos permite empezar cunha tarefa máis visual e dun primeiro contacto co tema para logo ir penetrándonos aos poucos con posteriores tarefas máis prácticas. Desta maneira adquirimos os coñecementos de forma máis lenta e organizada, garantindo unha mellor aprendizaxe. Dende o noso punto de vista, organizarse é esencial á hora de aprender, xa que nos axuda a marcarnos unhas metas e obxectivos e non deixalas para o último momento, aprender é un traballo lento ao que debemos dedicarlle o seu tempo. A pesar disto, non todo o mundo ten as mesmas facilidades para organizarse, polo que o uso destas ferramentas dixitais é perfecto para achegar esa axuda extra e establecer unha rutina, tanto para os profesores como para os alumnos.


Comentarios