¡Ola de novo terrícolas!
Nesta entrada queríamos reflexionar un pouco sobre as ferramentas empregadas na Webquest. Como todos os recursos, estes tamén teñen os seus máis e os seus menos e queríamos que o tivésedes en conta. En primeiro lugar, en canto as vantaxas que encerran estas ferramentas queríamos destacar que son activas, creativas e motivadoras, fan posible a adquisión de coñecementos de maneira sinxela e divertida. Pola contra, tamén encerran algunha desvantaxa, por exemplo algo obvio pero que pode crear desigualdade entre os alumnos e alumnas é que fai falta conexión a Internet e un dispositivo electrónico para empregalas, ademais de que no caso de Educaplay hai anuncios que dificultan un pouco o seu uso. Sen embargo, consideramos que as vantaxas contrarrestan os inconvintes e animámovos a que as empreguedes sen medo.
Comentarios
Publicar un comentario